Vigo atópase na provincia de Pontevedra, nas Rías Baixas. Ten unha extensión de case 110 km2 e unha poboación de 300.000 habitantes, aproximadamente. A súa localización ao sur de Galicia confírelle un clima suave.

foto2

Desde que Vigo obtivo o título de cidade en 1809 (tras derrotar e expulsar aos militares franceses), o seu desenvolvemento urbano e industrial estivo fortemente vinculado ás actividades marítimas.

Na actualidade, Vigo é unha cidade cunha indiscutible vocación comercial, cuxa economía está baseada nunha forte industria naval, o porto (cun papel fundamental nas actividades pesqueiras, a mariña mercante e a distribución de granito), a factoría automobilística de Citröen e as súas industrias satélites, e un sector servizos moi dinámico.

foto1Desde o punto de vista xeográfico, Vigo está bordeada de mar e montaña. A súa especial orografía, coas súas montañas, a Ría, as súas máis de 40 praias e as Illas Cíes, dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas, permite desenvolver multitude de actividades deportivas (vela lixeira, regatas e competicións de embarcacións, deportes de area ou raqueta, ciclismo, sendeirismo, etc.).

Como maior porto pesqueiro do norte de España, Vigo recibe a maioría da pesca costeira e de altura do Atlántico. Isto permítelle aos seus numerosos restaurantes e bares obter e ofrecer peixe e marisco da máis alta calidade.

Vigo atópase a 90 kms de Santiago de Compostela, unha cidade pequena e acolledora cun gran patrimonio artístico e cultural; en 1985 foi declarada Patrimonio da Humanidade e en 2000 foi a Capital Europea da Cultura.

As seguintes ligazóns levaranche a páxinas web de interese sobre Vigo: