Como chegar

Chegar a Vigo é moi fácil grazas a unha ampla rede de infraestruturas que conecta a cidade coas principais poboacións galegas e da Península Ibérica, e mesmo do estranxeiro. O seu porto Atlántico, aeroporto, autoestradas, autovías e ferrocarril ofrecen unha variedade de transporte para todos os gustos e posibilidades.

Polo aire

O aeroporto de Vigo está situado a 10 quilómetros do centro da cidade. Existen voos regulares con Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Palma de Mallorca, Tenerife e Paris-Charles de Gaulle. A tarifa do taxi desde o aeroporto ata a zona do congreso/hotel é de 22€, aproximadamente.

Conexións co centro da cidade:

Alternativas:

  • O Aeroporto de Santiago (SCQ), recibe voos nacionais e internacionais operados tanto por compañías regulares como de baixo custe. Santiago de Compostela atópase a 1h 30min de Vigo no autobús ou tren.
  • O Aeroporto Sá Carneiro (OPO) de Oporto (Portugal). Oporto está a 150 km (sobre 2-3h) de Vigo en autobús ou tren.

No autobús

A estación de autobuses está situada na Avenida de Madrid. Ademais dos destinos próximos (varias conexións diarias con Ourense, Pontevedra, Santiago e A Coruña), existen conexións con destinos nacionais como Madrid, Barcelona, Asturias, Bilbao, San Sebastián, Irún, Pamplona, Zaragoza, Estremadura e Andalucía. Hai rutas internacionais con Portugal (O Porto, Lisboa e o Algarve), Alemaña, Bélxica, información: http://www.vigobus.com.

No tren

As estacións de ferrocarril están situadas no centro da cidade, preto do porto (Vigo-Guixar na rúa Areal e Vigo-Urzáiz na rúa Urzáiz). Ademais dos destinos de proximidade (varias conexións diarias con Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña e O Porto), hai trens diarios longa distancia a Madrid e Barcelona, así como trens directos a León, Irún e Ponferrada. Entra en www.renfe.es para obter información sobre horarios, destinos e billetes.

Pola estrada

Vigo ten tres vías principais de acceso:

  • A autovía das Rías Baixas une a cidade con Madrid (A52-A6).
  • A autovía do Atlántico (A55) une Vigo co Norte de Portugal, pasando por Tui, Braga e Oporto, enlazando logo con Lisboa e la rede de autoestradas de Portugal.
  • A autopista do Atlántico (AP9) une Vigo co norte de Galicia, pasando por Pontevedra, Santiago e A Coruña.

Como moverse por Vigo

No autobús

Existe un servizo de autobuses con liñas que cobren practicamente todo o municipio: Vitrasa. Na páxina web encontrarás a opción de calcular rutas, horas e liñas,  que che permitirá escoller a mellor opción para chegar ó teu destino.

No taxi

Teléfonos: +34986272829 e +34986470000.

Consultar tarifas

Distancias ás  cidades importantes

  • Pontevedra, 24 km
  • Santiago, 93 km
  • Ourense, 105 km
  • A Coruña, 155 km
  • Lugo, 160 km
  • Oporto, 150 km
  • Lisboa, 500 km
  • Madrid, 626 km
  • Barcelona, 1,132 km